AGAVI

Ti decides o teu destino, a túa axencia de viaxes galega faino inesquecible.
Confía nas Axencias de Viaxes Galegas. As mellores viaxes non son só cousa do destino.

Asesoramento profesional e especializado

Os equipos altamente cualificados das Axencias de Viaxe Galegas axudaranche a atopar exactamente o que estás a buscar. Disporás de toda a información que precises e verás todas as túas dúbidas resoltas de xeito personalizado.

Coñecemento dos destinos

Son xa moitos anos de experiencia traballando para achegar á xente coma ti a todos os recunchos do mundo. Facémonos cargo de todo, incluídos o transporte e o aloxamento. Sexa cal sexa o teu destino, asegurámonos de que vivas unha experiencia única.

Seguridade ante imprevistos

Non te preocupes se xorde algún problema ou inconveniente: ocupámonos de que se resolva do mellor xeito posible. O máis importante é o teu benestar e a túa tranquilidade, así coma a do resto de viaxeiros que te acompañan.

Comunicación directa

Sempre terás á túa disposición a un axente a quen poderás chamar e consultarlle o que precises sobre a túa viaxe. Obterás respostas inmediatas ás túas preguntas, axudándoche a aforrar tempo e diñeiro.

Confianza

Traballamos sempre da mellor maneira posible para que poidas desfrutar desa viaxe que tanto imaxinaches. Temos en conta as túas necesidades e preferencias e ofrecémosche un paquete a medida.

Todas as garantías

Ocupámonos de asesorarte e de deseñar a viaxe que ti nos pidas de principio a fin, xa que contamos cos medios para facelo. Comprometémonos a ofrecerche unhas vacacións inesquecibles e a cumprir coas túas expectativas.

Cóntacho Eva Iglesias
Reproducir vídeo
Cóntacho Noelia Rey
Reproducir vídeo
Cóntacho Juan Fuentes
Reproducir vídeo
Cóntacho Susana Carbia
Reproducir vídeo
Encontra a túa axencia de viaxes máis preto
En Galicia hai máis de 500 axencias de viaxes espalladas por todas as provincias, cidades e pobos medianos e grandes nas que che ofrecerán un servizo exclusivo e personalizado para que poidas desfrutar desa viaxe coa que tanto soñaches. A que estás agardando?