AGAVI

Historia de AGAVI

O inicio

Alquilamos un local en Santiago y contratamos a un gerente para que coordinara y dirigiera la actividad de la asociación.

Logo de varios meses de conversa, o dia 1 de xuño de 2006 as 17:00 hrs reunironse na Coruña, Isabel Rubín (Viaxes Airbus), Jesús Fontan (Viaxes Airbus), Viajes Paco S.A, José Oreiro (Viaxes Viloria) e Roberto Gonzalez (Viaxes Embajador) e constituiron a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia (AGAVI), a primeira asociación de ámbito rexional.

Unha vez feitos os tramites legais, o primeiro paso era conquerir o maior número posible de socios para o proxecto, con moito traballo e dificultades a finais dese ano a asociación tiña algo mais de cen asociados, contando coas axencias mais importantes de Galicia. O primeiro presidente de AGAVI foi José Oreiro (2006-2010), de viaxes Viloria. Dende os inicios xa se contou con un servicio xuridico externo para que os asociados tramitaran todos os seus asuntos coas compañias aereas, proveedires etc. Cursos de formación, tramitación de axudas etc foron a constante da asociación.

Durante a crise do 2007/2008
A tremenda crise economica que comenzou no 2008 deu o traste cos proxectos de moitas axencias e isto fixo que moitos socios se foran dando de baixa durante os anos seguintes.
Chegada da crise do Coronavirus no 2020

Abilio Álvarez, de Viaxes Bivestour, tomou o relevo na presidencia entre 2010 e 2014, seguido de Diego Otero, de Viaxes Abramar, que ocupou o cargo entre 2014 e 2016. Ambos conseguiron manter a asociación a flote a pesar da persistente crise económica e das dificultades financeiras da entidade.

En 2016, Juan Antonio Rivadulla, de Viaxes Simply Travel, foi elixido presidente e renovou o seu mandato en 2020. A chegada da pandemia mundial da COVID-19, poucos meses antes do remate do seu mandato, obrigou a prolongar a súa presidencia ata que as circunstancias sanitarias permitisen a celebración de novas eleccións.

Juan Antonio Rivadulla permaneceu á fronte de AGAVI ata 2025, nun período marcado por importantes desafíos para o sector das axencias de viaxes e pola necesidade de defender os seus intereses nun contexto especialmente complexo.

DIrectiva de Agavi en Santiago de Compostela
AGAVI cumpre 20 anos

Ao longo destas dúas décadas de traxectoria, AGAVI consolidouse como a voz común das axencias de viaxes galegas, traballando pola unión do sector e pola defensa dos intereses das empresas asociadas. Na actualidade, a asociación representa a máis de 130 axencias de viaxes galegas, reforzando o seu papel como interlocutora de referencia no ámbito turístico.

Esta representatividade tamén se proxecta a nivel estatal a través de CEAV (Confederación Española de Axencias de Viaxes), onde AGAVI conta cunha presenza destacada. Juan Antonio Rivadulla, anterior presidente da asociación, asumiu a Secretaría de CEAV, e Mar Rodríguez Meseguer colleu o testigo tras ser elixida como actual presidenta de AGAVI para sucedelo á fronte da entidade en decembro de 2025.

Con este relevo, AGAVI inicia unha nova etapa coa vontade de dar continuidade ao traballo realizado, fortalecer a unidade das axencias de viaxes galegas e seguir defendendo os seus intereses, tanto en Galicia como no conxunto do Estado. Así, a asociación celebra os seus 20 anos reafirmando o seu compromiso cun sector máis unido, forte e representativo.

Os presidentes de

AGAVI durante a súa historia