Somos a Asociación Galega de Axencias de Viaxes, AGAVI, a primeira asociación de ámbito rexional de axencias de viaxes de Galicia e queremos presentarlle os nosos servizos por se fose do seu interese pertencer a dita asociación.
Nestes momentos de crise e dubida é imprescindible que todo o sector estea unido diante das administracións e provedores, estamos nun sector profesional dinámico e competitivo e cremos que é de gran importancia asociarse para poder defender dun modo coordinado os intereses dos profesionais do sector.
Coordinación, representación, xestión e defensa dos intereses empresariais ou profesionais xerais e común dos empresarios asociados perante a administración local e autonómica
Defensa da libre iniciativa e a libre empresa
Dignificación da figura do axente de viaxes
Servir de órgano de unión e coordinación das empresas asociacas
Establecer servizos propios de interese común para todos os socios
Administración dos recursos procedentes das cuotas dos asociados e a súa aplicación aos fins da asociación
Atender as necesidades de información, asesoramentos, asistencia técnica, investigación e perfeccionamento das empresas asociadas
Cooperar con outras organizacións profesionais de empresarios
Asistencia xurídica, fiscal e laboral para todos os socios
Programas de Formación específica para Axencias de Viaxes ao longo de todo o ano e nas distintas cidades galegas
Representación dos socios para a loita contra o intrusísmo e promoción desde loita na administración autonómica
Acordos comerciais con provedores de servizos locais vantaxosos tales como asistencia e adaptación LOPD, servizoPRL, asesoría e asistencia a subvencións e licitacións, provas PCR ou test de antíxenos en laboratorios das principais cidades de Galicia
Calquera Axencia de Viaxes legalmente constituída, con autorización expedida e activa na Comunidade Autónoma de Galicia (código XG), que teñan a súa sede central en Galicia, pode pertencer a Asociación Galega de Axencias de Viaxes.
Actualmente debido aos duros momentos que a COVID-19 está provocando en todo o sector turístico e en particular no sector das axencias de viaxe, xa desde o inicio da pandemia, non estamos cobrando as cuotas periódicas, polo que actualmente o único que se precisa para formar parte de AGAVI é formalizar un pago inicial de 50 euros. Cando a actividade volva as nosas axencias é previsible que modifiquemos as cuotas e que pasen a ser de 60 euros por trimestre (previo acordo en xunta de socios).
¡Anímate a sumar!
Traballemos en conxunto
Se che interesa que a tu axencia estea representada directamente diante da administración autonómica e local e a través da CEAV nas negociacións a nivel nacional tes que pertencer a AGAVI, ponte en contacto connosco en calquera dos teléfonos da directiva ou enviando un correo electrónico a agavi@agaviasociacion.com
Cargo
655 880 530
Cargo
627 505 198
Cargo
639 536 969
Presidente
655 880 530